xoves, 21 de maio de 2015

A CIENCIA TEN MOITO CONTO!!

Neste mes quixemos investigar o por que do que sucede ao noso redor. Así que mellor que unha sensión de contacontos  e logo poñernos a experimentar!!

Desta vez, comezou a familia de Carmela contándonos un conto titulado As espiñas do Porco Espiño.

E como tiñamos ganas de escoitar máis, foi Pablo o que nos contou o conto Que fai falta?




QUE FAI FALTA?

mércores, 4 de marzo de 2015

O ZOO DO COLE!!

As aventuras de osiño
Xa estamos en marzo, e unha nova sesión de contacontos nos esperaba! Desta vez, a redor dos animais! Nesta ocasión foi a avoa de Nacho a que nos agasallou coa lectura de As aventuras de osiño.

E como quedamos con ganas de máis, desta vez a profe María foi a que nos contou Chibos, chibóns!



 
Chibos chibóns

E coma sempre, tras escoitar os contos, chegou o momento de poñernos mans a obra e dar paso ao noso obradoiro creativo!!
O primeiro que fixemos foi construir unhas caixiñas de animais!
Tras isto, fixemos unhas bolsas de papel de diferentes animais: dragóns, leóns, coelliños... un auténtico zoo!!
Mirade o ben que nos quedou todo!!
TALLER CREATIVO


luns, 23 de febreiro de 2015

O ZOO DO COLE!!



De novo vos convocamos a unha nova sesión de contacontos. Esta vez falaremos de contos de animais, que aparecen moitas veces para ensinarnos moitas cousas. 


A familia de Nacho agasallaranos con unha lectura, que seguro que vos gustarán a todos. 

Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos.




  • Data: Luns 2 de marzo
  • Lugar: na aula de 4 anos A
  • Hora: 16:30
  • Fai falla traer algo?Non será necesario. Estamos ben surtid@s!!
Non faltedes a cita!! Estarémosvos esperando...

Saudiños e moitas graciñas a todos e todas.