luns, 22 de decembro de 2014

ÑAN, ÑAM... QUE FAME!!

O Nadal é tempo de contos e comida... Así que, que mellor que nesta sesión do club combinalo todo!!

O primeiro foi escoitar un conto: a mamá de Antía Lage, contounos un titulado Gato Lambón.












Tras isto, había que poñerse mans á masa!!

Así que a lavar as mans, poñer o mandil e listos para cociñar unhas deliciosas galletas!



Necesitabamos: 300 g de fariña, 200 de manteiga a temperatura ambiente e 100 g de azucre.



Para elaboralas o primeiro foi: mesturar o azucre coa fariña, cando xa estaba ben mesturadiño, engadímoslle a manteiga e... a seguir mesturando!! Ata que fixemos unha boliña.





Que ben o pasamos!!















Logo, tivemos que aplastar ben a masa e coa axuda duns corta pasta démoslle a forma que máis nos gustaba!!







 Tras isto, só nos quedaba decoralas:usamos fondant, perlas, chocolate, lápices de cores... e ao forno con elas!! 180º, sobre uns 15 minutos e xa estaban listas para comer!!








QUE RICAS!



ATA A PRÓXIMA FAMILIA DE CONTOCONTOS!!

martes, 16 de decembro de 2014

PREPARADOS CONTACONTOS?

Ola familia de contacontos:

O próximo xoves, 18 de decembro teremos a 2ª sesión do club de lectura!!

Como xa está cerca o Nadal, unha época na que desfrutamos do turrón, dos polvoróns... Escollemos algúns contos que falen sobre as comidas; para logo entre tod@s facer unhas deliciosas galletas!

Así que non vos esquezades: vémonos o xoves 18 de decembro ás 16:30h na aula de 4 anos.

Desta volta hai que traer algo? Pois si! Deberedes traer un mandil de cociñeir@ e un recipiente para logo poder levar esas riquísimas galletas que fagamos!!

Non faltedes a cita!! Esperámosvos...

Saúdos e moitas grazas a todos e todas!!

martes, 25 de novembro de 2014

OS NOSOS MEDOS!


Estamos no mes do Samaín e como tod@s, sempre, temos algún medo; decidimos que a 1ª sesión do club xirase ao redor desta temática!


Para comezar a mamá de Artai, Aia, contounos o conto Un pesadelo no meu armario e logo a profe Cris contounos outro: Eu non fun

Vimos tamén a curta da Bruxa Regañadentes!
A bruxa regañadentes


Despois de escoitar todos estes contos e ver o vídeo, chegou o momento de poñernos a traballar!!
O primeiro que fixemos foi un monstruo-marcapáxinas. Contamos coa axuda da profe Paula!

Cada un diseñou o seu!!

 Estes foron algúns dos resultados:
Carmela co seu marcapáxinas
Nacho móstranos o seu monstruo
Lucas co seu marcapáxinas

TRAGAMEDOS
 Tras isto só quedaba que os nosos medos desapareceran. Para facelo, contamos coa axuda dos monstruos tragamedos! Así que puxémonos mans á obra:

1º: Debuxamos os nosos medos.

2º: Metémolos nun sobre.

3º: O mostruo Tragamedos encargouse de tragalos, para que así xa nunca máis teñamos medo!!



E ata aquí chegou a 1ª sesión de contacontos, xa libre de medos!!!
ATA A PRÓXIMA!!!

venres, 21 de novembro de 2014

XA ESTAMOS AQUÍ!!

OLA FAMILIA DE CONTACONTOS: 

O próximo  24 de novembro celebraremos a 1ª sesión do club de lectura coa temática "Os nosos medos", aproveitando que estamos na época do Samaín!

Como xa sabedes, reunímonos para ler e escoitar contos xuntos e a continuación facer unha actividade que xire en torno a esta temática. 

Así que vémonos o vindeiro luns 24 de novembro ás 16:30h na aula de 4 anos!

NON FALTEDES Á CITA! PASAMOS LISTA...

Saúdos!!

mércores, 18 de xuño de 2014

ReciclArte


Con motivo do "Día do Medioambiente" (5 de xuño), nesta última sesión de contacontos limos historias que nos fixeran pensar no importante que é o coidado do medio natural para o noso benestar.

Xavi Estévez, xunto a súa mamá e irmá Adrián, contounos o conto de "Chocolata", de Marisa Núñez e Helga Bansch (OQO editora), onde nos relatan a viaxe que fai a hipopótama a cidade e como ésta síntese un pouquiño "salvaxe"nese entorno urbán.


Tamén escoitamos "En el bosque del perezoso" de Sophie Strady (edicións Hipótesi) onde se nos puxeron os pelos como escarpias cando vimos como un bosque pode desaparecer pola acción humana. 

E por último, escoitamos a canción de chocolata mentres disfrutamos duns estupendos pasteliños de chocolate... tiveron moitísimo éxito ¡non quedou nin un!






Como algunhas familias pediron a receita, aí vai: como se fan uns estupendos "paradise de chocolate" de Paco Torreblanca, fai click en "seguir lendo"...



mércores, 11 de xuño de 2014

ReciclArte


Como moitos de vós xa sabedes, o pasado 5 de xuño celebrouse o “Día mundial do medio ambiente” unha data moi especial que nos anima a ser máis sensibles cara o coidado do noso contorno.

No club de lectura querémolo celebrar con vós, aínda que sexa cun pouquiño de atraso, e contar contos que falen da influencia do medio natural no noso benestar e calidade de vida.
Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:
  • Data: luns 16 de xuño
  • Lugar: na aula de apoio de 4 anos
  • Fai falla traer algo?: calquer tipo de material de refugallo: caixas de zapatos, cartóns de leite ou zume, tubos dos rolos de papel secante ou hixiénico, caixas dos ovos, botellas de plástico, calcetíns sen parella, botóns perdidos, disquetes en desuso,  etc... o que se vos ocorra para facer, a partir deles, as nosas propias creacións.

mércores, 21 de maio de 2014

En maio flores de moitas cores

A pesares dá chuvia desta última semana, igual que o protagonista do noso primeiro conto, o ratiño "Frederick" de Leo Lionni (Kalandraka), conseguimos dar un pouquiño de cor a estes días grises. 








Para meternos no papel e participar da lectura, Artai, o seu papá Paco e a súa mamá Aia agasalláronnos cunhas orelliñas e así, todos, todos, convertémonos por un momentiño en pequenos ratos de campo recolectores de cores, palabras e poesía para os días tristes.
Os nosos contacontos de 3 anos tamén participaron desta sesión floral e relatáronnos o conto "Aínda nada?" de Christian Voltz (Kalandraka) no que o señor Luís tense que armar de moitísima paciencia para ver brotar a súa semente... pero poderá finalmente vela? pinchade na imaxe e descubrídeo:                          

E como de flores foi a nosa sesión, grazas a participación, esforzo e ilusión dos mozos e mozas de atención educativa (1º ESO) e de plástica (4º ESO) puidemos disfrutar dunha preciosa canción dramatizada por eles mesmos ¡ menudos artistas temos no cole!.
Con "María e a poesía" do CD a "Nena e o Grilo nun barquiño" (Magín Blanco) descubrimos que detrás das rosas, caraveis e pensamentos agóchanse moitos sentimentos, escoitade:

E como sempre, despois da sesión de contacontos, demos renda solta a nosa creatividade... se queredes ver o que fixemos fai click en "seguir lendo"...

mércores, 14 de maio de 2014

Arte Floral

                                       


Neste mes imos celebrar a "festa dos Maios" e ímolo facer como nos gusta: gozando arredor de moitos contos.

Despois daremos paso a unha sesión de "Arte Floral" onde imos facer a nosa reinterpretación de Arcimboldo con flores.


Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:


  • Data: luns 19 de maio.
  • Lugar: na aula de apoio de 4 anos.
  • Familia de Contacontos: a familia de Artai.
  • Fai falla traer algo?: flores de moitas cores -secas, frescas, de papel, de plástico...-, mirto, sementes e calquera elemento natural que teñades a man para decorar unha foto tamaño folio.



xoves, 1 de maio de 2014

En abril augas mil


Neste mes de abril queríamos que os nosos contos compartisen un mesmo elemento: a auga. A auga como elemento presente e esencial nas nosas vidas.

Grazas a familia de Candela e Pablo Diz coñecemos a historia de "Non quero ser un polbo" (de Francesca Chessa en Oqo Editora), ambientada no fondo do mar onde o noso protagonista, "Octavio", quere traballar no "Gran Circo do Mar" pero que, según el, os seus tentáculos son un estorbo.

A partires deste relato, descubrimos como grazas a superación, o valor, a autoestima e a aceptación dun mesmo todos os soños e desexos pódense facer realidade... non perdemos detalle!



É unha historia moi divertida e colorista, cunha gran diversidade de personaxes que fan que cada lectura sexa diferente... votade unha ollada ás ilustracións de Francesca Chessa:


Tamén tivemos outros contacontos marabillosos... os nenos e nenas de 3 anos do cole deron vida á historia de "Pétala" (de Pep Bruno & Luciano Lozano en Oqo Editora) no que atopamos unha pequena pomba branca, un terrible dragón e un lugar chamado "a casa da chuvia"... non vos pica a curiosidade de saber que ocorreu?



A partir deste conto falamos da importancia da auga nas nosas vidas e fomos descubrindo todos os usos que lle damos: para beber, facer a comida, asearnos, regar as nosas plantas e árbores e por suposto tamén está presente no noso tempo de ocio: na praia, no río, o lago... sen dúbida, do seu coidado e conservación depende a nosa calidade de vida.

Rematada a sesión de contacontos demos paso a outras actividades: creamos os nosos propios pomperos e xogamos a facer pompas de xabón. Se queredes ver o que fixemos e como o pasamos seguide lendo...

xoves, 24 de abril de 2014

En abril augas mil

Que mellor que pasar estes días de chuvia cun bo libro e arroupadiños por unha chea de familias!

Así que, para celebrar este mes de abril, imos arrexuntarnos todos en torno a libros que nos falen da auga, valorando a súa importancia para a nosa vida.

Despois daremos paso a máis diversión: crearemos os nosos propios pomperos e xogaremos a facer pompas de xabón: pequenas, grandes, medianas... e outras actividades en torno a esta.... 


Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:








  • Data: martes 29 de abril
  • Lugar: na aula de apoio de 4 anos
  • Hora: 16:30
  • Familia de Contacontos: a familia de Pablo e Candela Diz