mércores, 26 de marzo de 2014

Futuro imperfecto


Novamente reunidos arredor dunha cunca de  infusión ou de café ben quentiños, no lugar  e hora xa habituais, todos coincidimos en que “Futuro imperfecto “ non fora un libro fácil de ler.

Xulia Alonso conta con sinxeleza, sinceridade e crueza a súa experiencia coas dragas e coa morte por mor do Sida  de Nico, o seu home, o pai da súa filla Lucía  , o gran amor da súa vida.
Seropositiva, extoxicómana, Xulia remontase con esforzo e dor  vinte anos atrás para reconstruír como pode o recordo do seu compañeiro, amigo , cómplice...e da historia de amor e dependencia que os uniu.

xoves, 13 de marzo de 2014

Verde que te quero azul

Nótase que ben prontiño teremos aquí a primavera, despertando a paisaxe con novas cores, e no club de lectura non íamos a desaproveitar a oportunidade de desfrutar en torno a lecturas que nos falaran das cores. 

Desta vez, a familia de Asier foron os nosos contacontos e que ben o fixeron os tres!:


Gustounos moito e todos quedamos enganchados ata o final da historia, na que Grisela, unha pequena ratiña gris, sentíase moi triste pola súa cor:


Grisela, Anke de Vries from cpimondarizbiblioteca

Tamén coñecemos as aventuras dun neno que inventa trampas para descubrir aos camaleóns que se atopan agachados detrás das cores, listos para atacarnos! Pero o neno non é tan listo como pensaba... enzoufou toda a casa con pintura e o único que conseguíu foi unha fregona. 

Se vos pica a curiosidade por saber en que acabou o conto pinchade na imaxe:


Por suposto, tivemos a ocasión de experimentar coas cores: 

Primeiro coñecemos a historia de "Pequeno azul e pequeno amarelo" na que Leo Lionni preséntanos a partir dunhas ilustracións moi sinxelas, coloristas e divertidas o valor da amizade entre dous pequenos : Amarelo e Azul. 

Pero tamén descubrimos a: "Verdadera historia dás cores". Como estas aparecen, desaparecen e se transforman en outras cores novas cando se pelexan, misturan, abrazan... é como maxia!

A partires destes contos tivemos a ocasión de aprender cousas sobre as cores básicas e experimentar en primeira persoa o que sucede cando facemos as nosas propias mezclas e damos renda solta a nosa imaxinación.

Se queredes ver o que ocorreu... seguide lendo!

mércores, 5 de marzo de 2014

Verde que te quero azul

Ola familia de contacontos
Parece que pasados os carnavais o inverno e todas as borrascas, nos están a dar unha pequena tregua deixando pasar timidamente á primavera:   os días alónganse, os raios de sol quéntannos un pouquiño máis, os paxaros cantan, as árbores e as plantas están a xermolar aparecendo as primeiras cores: vermellos, amarelos, azuis... como cambia a paisaxe!

Así, que para celebrar que moi prontiño estará aquí a primavera, ¿que vos parece descubrir algo máis das cores a través dos contos? Xa veredes que ben ímolo pasar!, próxima sesión de contacontos:

Data: luns 10 de marzo.
Hora: 16:30

Desta vez, será a familia de Asier os nosos contacontos e relatarannos a fermosa historia de "Grisela", unha pequena ratiña que non estaba a gusto coa súa cor.


Pero as historias non rematan aquí:

Tamén coñeceremos a "Verdadera historia dás cores" (Eva Heller, ed. Lóguez): cales se levan moi ben e se pasan o día xuntiños e como en cambio outros, que son totalmente opostos, non se soportan e se pasan o día discutindo.


Descubriremos a historia de “Pequeno azul e pequeno amarelo” (Leo Lionni, ed. Kalandraka) e que lles aconteceu o día que se abrazaron moi, moi forte!


E tamén correremos moitas aventuras co conto: “Que parvos son os camaleóns” (Pablo Prestifilippo, ed. Kalandraka) onde nos ensinarán a descubrir aos perigosos camaleóns que se agochan detrás das cores... dispostos a atacarnos!!

non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:
Verde que te quero azul