mércores, 21 de maio de 2014

En maio flores de moitas cores

A pesares dá chuvia desta última semana, igual que o protagonista do noso primeiro conto, o ratiño "Frederick" de Leo Lionni (Kalandraka), conseguimos dar un pouquiño de cor a estes días grises. 








Para meternos no papel e participar da lectura, Artai, o seu papá Paco e a súa mamá Aia agasalláronnos cunhas orelliñas e así, todos, todos, convertémonos por un momentiño en pequenos ratos de campo recolectores de cores, palabras e poesía para os días tristes.
Os nosos contacontos de 3 anos tamén participaron desta sesión floral e relatáronnos o conto "Aínda nada?" de Christian Voltz (Kalandraka) no que o señor Luís tense que armar de moitísima paciencia para ver brotar a súa semente... pero poderá finalmente vela? pinchade na imaxe e descubrídeo:                          

E como de flores foi a nosa sesión, grazas a participación, esforzo e ilusión dos mozos e mozas de atención educativa (1º ESO) e de plástica (4º ESO) puidemos disfrutar dunha preciosa canción dramatizada por eles mesmos ¡ menudos artistas temos no cole!.
Con "María e a poesía" do CD a "Nena e o Grilo nun barquiño" (Magín Blanco) descubrimos que detrás das rosas, caraveis e pensamentos agóchanse moitos sentimentos, escoitade:

E como sempre, despois da sesión de contacontos, demos renda solta a nosa creatividade... se queredes ver o que fixemos fai click en "seguir lendo"...

mércores, 14 de maio de 2014

Arte Floral

                                       


Neste mes imos celebrar a "festa dos Maios" e ímolo facer como nos gusta: gozando arredor de moitos contos.

Despois daremos paso a unha sesión de "Arte Floral" onde imos facer a nosa reinterpretación de Arcimboldo con flores.


Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:


  • Data: luns 19 de maio.
  • Lugar: na aula de apoio de 4 anos.
  • Familia de Contacontos: a familia de Artai.
  • Fai falla traer algo?: flores de moitas cores -secas, frescas, de papel, de plástico...-, mirto, sementes e calquera elemento natural que teñades a man para decorar unha foto tamaño folio.



xoves, 1 de maio de 2014

En abril augas mil


Neste mes de abril queríamos que os nosos contos compartisen un mesmo elemento: a auga. A auga como elemento presente e esencial nas nosas vidas.

Grazas a familia de Candela e Pablo Diz coñecemos a historia de "Non quero ser un polbo" (de Francesca Chessa en Oqo Editora), ambientada no fondo do mar onde o noso protagonista, "Octavio", quere traballar no "Gran Circo do Mar" pero que, según el, os seus tentáculos son un estorbo.

A partires deste relato, descubrimos como grazas a superación, o valor, a autoestima e a aceptación dun mesmo todos os soños e desexos pódense facer realidade... non perdemos detalle!



É unha historia moi divertida e colorista, cunha gran diversidade de personaxes que fan que cada lectura sexa diferente... votade unha ollada ás ilustracións de Francesca Chessa:


Tamén tivemos outros contacontos marabillosos... os nenos e nenas de 3 anos do cole deron vida á historia de "Pétala" (de Pep Bruno & Luciano Lozano en Oqo Editora) no que atopamos unha pequena pomba branca, un terrible dragón e un lugar chamado "a casa da chuvia"... non vos pica a curiosidade de saber que ocorreu?



A partir deste conto falamos da importancia da auga nas nosas vidas e fomos descubrindo todos os usos que lle damos: para beber, facer a comida, asearnos, regar as nosas plantas e árbores e por suposto tamén está presente no noso tempo de ocio: na praia, no río, o lago... sen dúbida, do seu coidado e conservación depende a nosa calidade de vida.

Rematada a sesión de contacontos demos paso a outras actividades: creamos os nosos propios pomperos e xogamos a facer pompas de xabón. Se queredes ver o que fixemos e como o pasamos seguide lendo...