mércores, 4 de marzo de 2015

O ZOO DO COLE!!

As aventuras de osiño
Xa estamos en marzo, e unha nova sesión de contacontos nos esperaba! Desta vez, a redor dos animais! Nesta ocasión foi a avoa de Nacho a que nos agasallou coa lectura de As aventuras de osiño.

E como quedamos con ganas de máis, desta vez a profe María foi a que nos contou Chibos, chibóns!



 
Chibos chibóns

E coma sempre, tras escoitar os contos, chegou o momento de poñernos mans a obra e dar paso ao noso obradoiro creativo!!
O primeiro que fixemos foi construir unhas caixiñas de animais!
Tras isto, fixemos unhas bolsas de papel de diferentes animais: dragóns, leóns, coelliños... un auténtico zoo!!
Mirade o ben que nos quedou todo!!
TALLER CREATIVO